domingo, 8 de noviembre de 2020

SAMAÍN

 Tumbas por aquí... tumbas por alá.... tumbas, tumbas... jajajajajaja.

Esta canción foi a primeira noticia que tivemos na aula da celebración dunha festa... o samaín! e foi tamén, a banda sonora dunha semana enteira de preparación da mesma.

 

Mesturamos pintura  vermella e amarela para obter un laranxa co que pintar unhas cabazas ben xeitosas para decorar as nosas fiestras.

Cómo nos gusta experimentar coa pintura... e coas texturas! Preparamos unha bruxa para estampala na nosa porta empregando diferentes tecturas con tecidos e materiais de reciclaxe.

Tamén fixemos unhas terroríficas arañas pintando de negro caixas de cartón para ovos e puxémoslles patas de limpiapipas.

Quedamos abraiados co traballo de decoración de cabazas nas vosas casas. Moito inxenio e creatividade!



Levamos toodo este material para o hall do colexio e disfrutamos vendo o traballo dos demais compañeiros do centro.










Finalmente, escoitamos moi atentos a historia da "Bruxa Regañadentes" e bailamos a coreografía.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Investigamos sobre... DINOSAURIOS!!!

 Como sabedes no noso proxecto de investigación imos descubrir mais cousas sobre os dinosaurios. Veremos como nacen, onde viven, que comen e...